Política de Cookies
A presente política de cookies ten por finalidade informarlle de maneira clara e precisa sobre as cookies que se utilizan na páxina web do CETSE.
Aceptación ou rexeitamento do uso das cookies
Na xanela emerxente de información sobre as cookies que aparece ao cargar calquera páxina do portal web, ou en calquera momento nesta páxina, premendo no botón da súa elección:
¿Que son as cookies?
Unha cookie é un pequeno fragmento de texto que os sitios web que visita envían ao navegador e que permite que o sitio web lembre información sobre a súa visita, como o seu idioma preferido e outras opcións, co fin de facilitar a súa próxima visita e facer que o sitio lle resulte máis útil.
As cookies desempeñan un papel moi importante e contribúen a ter unha mellor experiencia de navegación para o usuario.
Tipos de cookies
Segundo quen sexa a entidade que xestione o equipo ou dominio desde o que se envían as cookies e trate os datos obtidos, podemos distinguir:
- Cookies propias
- Cookies de terceiros
Segundo a finalidade para a que se traten os datos obtidos a través das cookies, algunhas das finalidades poden ser:
- Cookies técnicas
- Cookies de preferencias ou personalización
- Cookies de análise ou medición
- Cookies de publicidade comportamental
Segundo o prazo de tempo que permanecen activadas no equipo terminal, podemos distinguir:
- Cookies de sesión
- Cookies persistentes
Para máis información sobre isto pode consultar a Guía sobre o uso das cookies da Axencia Española de Protección de Datos.
Cookies utilizadas na web
Matomo, esta cookie é: de terceiros, de sesión e de análise ou medición. É un servizo de analítica web desenvolvida por Matomo, que permite a medición e análise da navegación nas páxinas web.
- A través da analítica web obtense información relativa ao número de usuarios que acceden á web, o número de páxinas vistas, a frecuencia e repetición das visitas, a súa duración, o navegador utilizado, o operador que presta o servizo, o idioma, o terminal que utiliza e a cidade á que está asignada a súa dirección IP. Esta información posibilita un mellor e máis apropiado servizo por parte deste portal.
- Matomo só produce estatísticas anónimas e cifras de tráfico do sitio web cos únicos fins indicados anteriormente; non se produce ningunha información individual nin se comparte con terceiros.
JSESSIONID, esta cookie é: propia, de tipo técnica e de sesión. Permite almacenar un identificador único por sesión a través do que é posible vincular datos necesarios para posibilitar a navegación en curso.
show_cookies, esta cookie é: propia, de tipo técnica e de sesión. Xestiona o consentimento do usuario para o uso das cookies na páxina web, co obxecto de lembrar aqueles usuarios que as aceptaron e aqueles que non, de modo que aos primeiros non se lles mostre información na parte superior da páxina.
Como modificar a configuración das cookies
Vostede pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies do CETSE ou as de calquera outra páxina web mediante a configuración do seu navegador; a operativa para iso é diferente dependendo de cada navegador: